Campaña do BNG para pedir a mellora da rede ferroviaria do interior de Galicia
Campaña do BNG para pedir a mellora da rede ferroviaria do interior de Galicia
Pontón e outros representantes recolleron sinaturas en Lugo a tal fin
A campaña política do BNG para reclamar unha mellora na rede ferroviaria para o interior de Galicia chegou este venres a Lugo capital.
Varios dos representantes da formación recolleron sinaturas na cidade para acadar ese obxectivo.
A voceira nacional, Ana Pontón, sinalou que a chegada do AVE non pode tapar as eivas que existen nas conexións entre as cidades galegas.
"Esta é unha campaña que vai máis aló do BNG, é do conxunto da cidadanía. Quere poñer o foco en que Lugo non perda o tren porque temos que subirnos ao transporte que é o medio do futuro, da modernidade, o máis sostible, o máis eficiente, e ten que supoñer darlle un impulso e a esta cidade e a todo o interior deste país"