Prosegue a campaña intensiva de vacinación infantil contra a gripe
Prosegue a campaña intensiva de vacinación infantil contra a gripe
Está convocado o grupo que vai dos seis meses aos cinco anos
O persoal sanitario disfrázase para facer algo máis levadía a picada da vacina contra a gripe. Co obxectivo de chegar ao maior número posible de menores, a campaña desenvólvese na fin de semana, para facilitar a conciliación de nais e pais.
"Nestes últimos dous anos co tema das máscaras había menos inmunidade nos nenos contra a gripe, entón para reforzar un pouco eses sistemas inmunitarios, empézase a ofrecer a vacinación da gripe", explica Diego Carrizo, enfermeiro e coordinador do equipo de vacinación do hospital de Ourense.
Está convocado o grupo que vai dos seis meses aos cinco anos.
"Eles dous estiveron bastante maliños e despois contaxiáronnos. Entón, pois para protexernos un pouquiño. Eu todo o que saia de vacinas son partidaria de pólas", asegura unha nai.
"Para reforzar e que non collan nada grave, que ela xa estivo ingresada de pequena e así evitámolo", comenta un pai.
"Todo o que sexa botar un cable e que non pille nada, pois mellor", considera outro.
Esta campaña estase a desenvolver en 14 hospitais públicos de Galicia.