Cargando resultados...
Camps declara na Audiencia polos contratos coa trama Gürtel
Camps declara na Audiencia polos contratos coa trama Gürtel
O expresidente da Generalitat valenciana está acusado de prevaricación e fraude
Esta é a última causa xudicial que afronta Camps tras catorce anos investigado
G24.gal
08/03/2023 08:35
Última actualización 08/03/2023 08:41
Francisco Camps declara hoxe na Audiencia Nacional pola súa presunta relación coa rede corrupta Gürtel. A Fiscalía Anticorrupción pide para o expresidente da Generalitat valenciana dous anos e seis meses de prisión e dez de inhabilitación por prevaricación e fraude á administración.
Acúsao de facilitar os contratos da Generalitat con empresas da trama Gürtel, en concreto co empresario Álvaro Pérez, alias o Bigotes.
Os propios líderes da Gürtel declararon que el os facilitaba. Esta é a última das frontes xudiciais que encara Camps, tras catorce anos sometido a investigacións xudiciais.