Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avance para mellorar a calidade de vida dos doentes con cancro de próstata

Avance para mellorar a calidade de vida dos doentes con cancro de próstata

A radioterapia corporal estereotáctica, que se aplica no Clínico de Santiago, reduce a duración do tratamento

G24.gal 03/02/2024 12:39 Última actualización 03/02/2024 12:50

Avance no tratamento do cancro de próstata, grazas a unha nova técnica que se aplica no Hospital Clínico de Santiago. A radioterapia corporal estereotáctica pemite gañar en calidade de vida, ao reducir o tempo de duración do tratamento.

Son sesións de non máis de quince minutos en días alternos que reducen de 28 a 5 días o número de sesións da terapia. Os resultados porén mantéñense.

No 2023 foron diagnosticados en Galicia 2.400 novos casos de cancro de próstata. Un 20 % deles poderán beneficiarse da nova técnica. Está destinada a pacientes de risco baixo ou intermedio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade