Cantas científicas galegas coñeces?
Cantas científicas galegas coñeces?
Sempre veñen á mente nomes de homes cando pensamos en científicos, pero isto debe mudar
Vai un reto en 10 segundos!
Di tres homes científicos en menos de 3 segundos. Seguramente fosen Einstein, Newton ou Flemming.
Pero que pasa se che pido que penses en tres mulleres científicas en tres segundos. Custouche un pouco máis?
É probable. Ao longo da historia, a figura da muller foi invisibilizada e eclipsada pola do home, e a ciencia non foxe a esta realidade. Porén, que non se amose ou non se promocionen non significa en absoluto que non existan.
Non é preciso remontarse a Marie Curie ou a Rosalind Franklin. En Galicia na actualidade hai grandes científicas. Aquí che traemos algunhas co gallo do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia.
-
Begoña Vila Costas, astrofísica e enxeñeira da NASA que participou no lanzamento do James Webb, o telescopio máis grande e avanzado da historia.
-
África González, Marga Poza e Susana Ladra; tres brillantes científicas que saltaron á luz polas súas achegas durante a pandemia.
-
María José Alonso, premiada nacionalmente polos seus estudos en nanomedicia.
-
Mar Capeáns, primeira física española en traballar no CERN
-
Marisol Soengas, galardoada polas súas investigacións sobre o melanoma.
-
Minia Manteiga, primeira catedrática de Astrofísica de Galicia e colaboradora da Axencia Espacial Europea.