Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carmela Silva rexeita presentar os orzamentos na cámara galega

Carmela Silva rexeita presentar os orzamentos na cámara galega

É o sexto ano consecutivo que rexeita a invitación

O BNG e o PPdeG lembráronlle que está a incumprir unha obriga legal

G24.gal 03/11/2022 18:44 Última actualización 03/11/2022 19:31

Por sexto ano consecutivo, a presidenta da Deputación de Pontevedra rexeitou comparecer no Parlamento de Galicia para informar sobre as contas do ente que dirixe. Foi a portavoz do grupo parlamentario socialista quen explicou as contas da deputación provincial no seu lugar.

Leticia Gallego dixo que son os orzamentos máis ambiciosos da institución e que teñen como obxectivo reactivar a economía para facer fronte á crise. O BNG e o grupo parlamentario popular criticaron esta intervención e a non asistencia de Carmela Silva.

Manuel Lourenzo, do BNG, dixo que é unha cuestión de respecto institucional e de respecto á veciñanza e que se debe manter ese respecto goberne quen goberne.

Pola súa banda, Alberto Pazos, voceiro do grupo parlamentario popular, asegurou que a non asistencia de Carmela Silva é un vergoñento costume que resume o talante da presidenta da deputación e engadiu que a defensa dos socialistas retrata a todo o partido.

Quen si cumpriu con este trámite parlamentario foi o presidente da deputación de Ourense. Xosé Manuel Baltar avanzou que a institución que dirixe contará o ano que ven con preto de 91 millóns de orzamento. Dixo que practicamente a metade irán destinados a obras e servizos e a cooperación cos concellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade