Publicador de contidos
Publicador de contidos

Casa da Fonte, unha gandería sostible que aposta pola autosuficiencia

Casa da Fonte, unha gandería sostible que aposta pola autosuficiencia

Alimentan o gando con pasto e forraxe propia para evitar a dependencia do exterior

Fan venda directa da súa marca ecolóxica de leite, queixo e iogures

G24.gal 02/06/2022 14:40

Xosé foi o primeiro gandeiro en usar unha muxidoira portátil en Galicia. Para aforrar tempo, é el o que se despraza a muxir ata os pastos nos que viven e pacen as súas vacas. 

"Producimos en base a pastos e as forraxes que nos recollemos, usamos os recursos nosos e da zona para non depender de insumos externos", explica o gandeiro.

Non depende de pensos nin cereais, e tampouco das condicións que impoñen as industrias lácteas. Xosé pechou o ciclo e creou a súa propia marca de leite, queixos e iogures ecolóxicos. El mesmo os distribúe en pequenos establecementos da contorna.

"Vendemos directamente o que producimos. Dá máis traballo e outro tipo de dores de cabeza pero non dependemos de intermediarios", di Xosé, de Casa da Fonte.

Comezou só e agora conta con cinco traballadores. Un modelo de produción rendible e respectuoso co medio, que ademais rexenera e mantén limpos os terreos da parroquia de Mañente, no concello de Pantón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade