Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case 8.000 persoas chegan a Vigo nunha dobre escala de cruceiros

Case 8.000 persoas chegan a Vigo nunha dobre escala de cruceiros

Ata o domingo, outros dous transatlánticos atracarán no peirao vigués, que no mes de abril ten previstas un total de 15 escalas
 

G24.gal 21/04/2022 14:16

O Ventura chegaba ao porto vigués mentres os pasaxeiros do Sky Princess xa desembarcaban

Algúns pasaxeiros explicaban que xa estiveran unha vez en Vigo, que lles encantou a ponte de Rande.. e que vai bo tempo, calor. Os hostaleiros din que están a ter moita afluencia, que os turistas proban peixes, marisco e ostras aínda que a algúns dalles certo reparo.

Notan a súa presenza os hostaleiros e tamén os comerciantes, que coñecen ben os que máis gastan. Aseguran que non é o mesmo que compren ingleses ou americanos que franceses pero están moi contentos porque esta semana case hai un barco diairo e necesitaban movemento despois da pandemia.

Nesta dobre escala chegaron a Vigo cae 8.000 persoas e ata o domingo outros dous transatlánticos atracarán nun porto que no mes de abril ten previstas un total de 15 escalas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade