Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case nove mil persoas reservaron billete para visitar as Illas Cíes esta Semana Santa

Case nove mil persoas reservaron billete para visitar as Illas Cíes esta Semana Santa

A imaxe de ringleiras de visitantes accedendo aos embarcadoiros para coller o barco ás Cíes repetiuse toda a Semana Santa en Vigo

O perfil do visitante, dentro da cota diaria de 1.800 persoas, é o dunha persoa de fóra que chega ben informada sobre o que son as Illas Cíes

G24.gal 08/04/2023 16:18 Última actualización 08/04/2023 16:31

Aínda que nas Rías Baixas as temperaturas non están sendo tan altas coma no interior de Galicia, o sol permitiu que os turistas coñezan as Cíes, a marabilla turística do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Nesta mañá de sábado volveuse repetir a imaxe de ringleiras de xente agardando para coller  un barco que os leve ás Illas Cíes, unha imaxe que levamos vendo toda a Semana Santa. 

E de novo se repetiu o cartel de non hai localidades. Así que o sábado visitaron as paisaxes agrestes das illas 1.800 persoas, que é a cantidade máxima permitida por día. 

Desde as navieiras confirman que nesta Semana Santa se reservaron 8.600 billetes para navegar desde Vigo, Cangas, O Grove, Sanxenxo e Portonovo.

As navieiras que operan a ruta de corenta e cinco minutos entre entre Vigo e as Cíes venderon todas as pasaxes neste sábado. Desde as nove da mañá ata as once, en Vigo repetiuse a imaxe da ringleira de xente cara ao o embarcadoiro.  

"Foron máis de 8.500 as persoas que reservaron para poder vir ás Illas Cíes en todo o período da Semana Santa. Tanto o venres coma o sábado encheuse o tope de 1.800 visitantes  para ir ás Illas Cíes,  e habería dispoñibilidade para viaxar ás Illas unicamente o domingo", explica María Moledo, a coordinadora comercial da Navieira Mar de Ons.

Neste sábado volveuse cubrir a cota máxima, 1.800 persoas permitidas nas illas por día. Ninguén que non reservara hai tempo ía hoxe nestes barcos. O perfil do turista: de fóra de Galicia e ben informado do que son as Cíes dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

As navieiras xa contan con que o domingo haberá menos xente. É a xornada do regreso das vacacións para moitos así que o habitual é que mañá viaxe menos xente ás Cíes e que moitos deles sexan galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade