Castrosua construirá as carrocerías dos buses de BYD para toda España
Castrosua construirá as carrocerías dos buses de BYD para toda España
A compañiá chinesa, que escolleu como socia en España a empresa do polígono do Tambre, é a lider do mercado en Europa
A empresa galega Castrosua construirá para toda España as carrocerías dos buses eléctricos de BYD. Considérase unha alianza estratéxica para Galicia, porque Castrosua convértese no socio industruial de BYD en España.
Un dos directivos desta multinacional chinesa explica que xa fabricaron 4 millóns de coches e 90.000 autobuses con diferentes socios en todo por todo mundo.
"En España levamos xa uns anos traballando e vendemos 230 unidades, que poden parecer poucas pero é a metade do mercado", di Javier Contilló, xefe de vendas de BYD en España.
Aquí, a electrificación vai máis lenta, pero agárdase un crecemento exponencial da demanda. Dos buses que fabriquen para España, os chineses farán o chasis e a carrocería sairá do polígono compostelán do Tambre.
"Dando lugar a un autobús cun custo que non vai deixar indiferente a ninguén. O noso obxectivo é contribuir á electrificación achegando solucións globais de alto valor engadido", exlica Juan Luis Castro, presidente de Castrosua.
"Este primeiro proxecto pode permitir que desde Galicia e a travñes desta alianza se poidan desenvolver flitas de buses 100% eléctricos para toda España", engade Francisco Conde, vicepresidente primeiro da Xunta.
O primeiro prototipo foi presentado hoxe en Santiago. Unha plataforma de 12 metros, con cero emisións e totalmente accesible.