Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catorce anos de cárcere por asfixiar o seu provedor de cocaína en Chapela

Catorce anos de cárcere por asfixiar o seu provedor de cocaína en Chapela

O ditame non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

G24.gal 14/04/2023 12:12

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 14 anos de cárcere a Manuel Matanzas, de 44 anos, por asasinar o 27 de xaneiro de 2021 ao seu provedor de cocaína en Chapela, Redondela.

O xurado, tal e como consta na sentenza, considerou probado que o acusado acudiu ao domicilio da vítima, quen se negou a fiarlle a compra de cocaína, portando unha cinta adhesiva de embalar e unhas luvas de látex. 

Ao negarse a entregarlle a droga, o condenado, segundo o relato de feitos probados do ditame, dirixiuse ao baño do inmoble, onde puxo unhas luvas e, a continuación, “foi por detrás da vítima e pasoulle o brazo polo pescozo, comprimíndoo, á vez que lle tapaba o nariz e/ou a boca, ocasionándolle a morte por asfixia”.

A maxistrada presidenta do Tribunal do Xurado indica na resolución que, a continuación, amordazou o seu provedor de droga, atouno de pés e mans, colocoulle un chaleco encima do rostro e fuxiu, levándose o móbil e as chaves da casa da vítima.

“Coñecía o risco de que podía causarlle a morte ao bloquearlle a respiración, aínda que este resultado non fose o desexado, e aínda así decidiu facelo”, subliña na sentenza, na que destaca que a agresión se produciu “por detrás, cando o afectado estaba sentado, ceando e coa boca chea, e alleo ao que ía suceder, de maneira que non tivo ocasión de defenderse”. 

O acusado, unha vez detido e durante o curso da investigación, recoñeceu parcialmente os feitos e axudou a recuperar o terminal e as chaves do falecido, polo que se tivo en conta a atenuante de confesión.

Na resolución, sinala que o acusado estaba diagnosticado dun trastorno de personalidade con déficit de control de impulsos e dun trastorno por uso de substancias (principalmente alcol e cocaína), que, no momento dos feitos, segundo entendeu acreditado o Tribunal do Xurado, “minguaba levemente a súa capacidade para darse conta do que facía ou para actuar de acordo con dita comprensión”, por iso, aplicóuselle a atenuante de drogadicción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade