Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro de cada dez maiores seguen a usar as cartillas bancarias e de aforro

Catro de cada dez maiores seguen a usar as cartillas bancarias e de aforro

En Galicia, o 30 % da clientela do banco emprega eses medios

Algunhas entidades xa o suprimiron ou encarecéronos

G24.gal 11/03/2023 19:29 Última actualización 11/03/2023 20:10

Se a banca electrónica mesmo deixou desfasados os caixeiros automáticos, aínda máis as cartillas das contas bancarias e de aforro, uns medios que aínda permiten coñecer o estado exacto das contas con só actualizalas.

Se hai corenta anos supuxeron unha revolución, agora xa hai entidades que as suprimiron por completo. Ademais, subiron as comisións de mantemento, un motivo máis para abandonalas. Con todo, o 40 % das persoas xubiladas segue tendo fe nelas.

Tamén hai quen tirou a toalla ante a desaparición das sucursais bancarias nas zonas onde residen e os novos métodos de rexistro. Por iso, cada vez é máis habitual delegar en parentes máis novos ou mesmo suprimir as contas.

En Galicia, o 30 % da clientela das entidades bancarias segue a dispor dunha cartilla bancaria ou de aforro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade