Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro detidos en Pontevedra nunha redada antidroga

Catro detidos en Pontevedra nunha redada antidroga

Rexistraron unha vivenda e un local de ocio

Incautáronse de haxix, cocaína e cartos

Os catro detidos están á espera de pasar a disposición xudicial

G24.gal 06/10/2023 11:33 Última actualización 06/10/2023 12:28

Cans da policía especializados na detección de cartos e drogas rastrexaron unha vivenda no barrio pontevedrés do Gorgullón. Aquí detiveron tres persoas pola mañá. Pasadas as horas, prenderon outra persoa máis pola tarde.

O operativo conxunto dos axentes da Nacional e da Local de Pontevedra tamén estivo despregado na zona vella, na rúa Cousiño, onde rexistraron un local de ocio nocturno. O obxectivo das forzas de seguridade con estas detencións e rexistros é desartellar unha rede dedicada á venda e distribución de drogas a pequena escala en distintos puntos da cidade do Lérez.

Este é o último paso dado no marco dun traballo policial de meses. Amais de deter estas catro persoas, que están á espera de pasar a disposición xudicial, os axentes incautáronse de haxix, cocaína e 20.000 euros en metálico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade