Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro grandes supermercados, entre os sancionados por incumprir a Lei da cadea alimentaria

Catro grandes supermercados, entre os sancionados por incumprir a Lei da cadea alimentaria

En total hai 69 empresas sancionadas, a maioría por irregularidades na fixación de prezos ou incumprimento dos prazos de pagamento aos produtores

G24.gal 23/02/2023 17:46

O Goberno sanciona 69 empresas por violar a Lei da cadea alimentaria, a que vela polo equilibrio entre os produtores e os distribuidores de alimentos. Entre elas hai catro grandes supermercados: Carrefour, Dia, a propietaria dos supermercados Lupa e a galega Froiz.

A maioría das sancións son por irregularidades no procedemento de fixación de prezos ou por incumprimento dos prazos de pagamento aos produtores.

Este último caso é o de Froiz,  cunha multa que ascende a tres mil euros.

Pero as sancións non son só para grandes cadeas de distribución, senón tamén para empresas variadas de sectores como o lácteo, o hortofrutícola, conserveiras ou adegas.

Polo momento as multas non pasan dos dez mil euros, pero en caso de reincidencia ou de infraccións máis graves poderían chegar ao millón de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar