Catro menores feridos nunha deflagración nun campamento de verán de Xirona
Catro menores feridos nunha deflagración nun campamento de verán de Xirona
Estaban facendo un experimento con varios produtos químicos que entraron en combustión
Catro rapaces de entre 9 e 12 anos quedaron feridos, dous deles de gravidade, nunha deflagración ocorrida nas instalacións dun campamento de verán no concello xironés de Bruñola. Os menores estaban facendo un experimento con varios produtos químicos que entraron en combustión ao mesturalos.
Os dous feridos máis graves na deflagración de Bruñola continúan ingresados no hospital Vall d'Hebron da capital catalá.
Os outros dous feridos foron dados de alta, un deles no hospital Josep Trueta de Girona, ao que fora trasladado.
Os catro rapaces, que estaban nun campamento de verán, participaban nun experimento que consistía en mesturar bicarbonato, alcol e vinagre para facer un volcán. Ao entrar en contacto os tres elementos produciuse a deflagración.
Outros nove rapaces que participaban do experimento quedaron ilesos. O Servizo de Emerxencias catalán mobilizou varias ambulancias e dous helicópteros medicalizados para evacuar os menores feridos.