Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multan a Baltar por circular a 215 km/h nun coche da Deputación de Ourense

Multan a Baltar por circular a 215 km/h nun coche da Deputación de Ourense

Foi na fin de semana, na A-52, á altura de Zamora, cando viaxaba a Madrid

G24.gal 26/04/2023 08:24

O presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial Manuel Baltar foi sorprendido a pasada fin de semana circulando a 215 quilómetros por hora na A-52, á altura de Zamora, cando viaxaba a Madrid.

Segundo indicaron fontes oficiais da institución provincial, Baltar desprazouse o domingo á capital española nun coche oficial que pertence á Deputación de Ourense e que está ao dispor da Presidencia para participar en diferentes reunións do organismo.

O político ourensán foi sancionado cunha multa de 600 euros e seis puntos, que fontes da Deputación confirmaron que vai pagar. E no ente provincial aseguraron descoñecer a posible apertura dun atestado por un posible delito contra a seguridade do tráfico.

Fontes policiais consultadas indicaron, con todo, que neste caso existiría un delito por circular por encima dos 212 quilómetros por hora nun tramo que está limitado a 120, por tanto, a máis de 60 km/h sobre a velocidade permitida.

BNG e PSdeG piden que Rueda esixa responsabilidade a Baltar por ir a 215 km/h

Os grupos da oposición, BNG e PSdeG, pediron a Rueda, que esixa responsabilidades ao titular da Deputación de Ourense e presidente do PP na provincia, Manuel Baltar, que foi cazado o domingo cando conducía a 215 quilómetros por hora un coche oficial nun tramo da autovía A-52.

Na sesión de control ao Goberno no Parlamento de Galicia, Rueda eludiu responder sobre este asunto.

"Lamento que se estree así como presidente do seu partido e, como presidente galego, non teña nada que dicir sobre isto", resolveu Pontón.

Baltar, presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial, foi sorprendido a pasada fin de semana circulando a 215 quilómetros por hora nunha tramo á altura de Zamora da autovía A-52, no que está limitado a 120 quilómetros por hora, cando viaxaba cara a Madrid.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso afirmou que está "seguro" de que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, "é o primeiro que non está conforme coa conduta que tivo". Dixo descoñecer se existe un procedemento aberto contra Baltar pola vía penal.

"Eu nestes momentos cunha sanción que, polo que eu sei, é administrativa, pouco máis teño que dicir", insistiu Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade