Cede parte da ponte de Ponte Arnelas, en Vilanova, e teñen que pechala ao tráfico
Cede parte da ponte de Ponte Arnelas, en Vilanova, e teñen que pechala ao tráfico
Os coches estanse desviando pola ponte antiga
Parte da estrutura da ponte de Ponte Arnelas, en Vilanova de Arousa, cedeu este martes por danos estruturais, segundo informou o 112.
A ponte pechouse ao tráfico por seguridade e a circulación desviouse pola ponte antiga.
Ademais, como medida preventiva, interromperon o tránsito no paseo que vai por baixo da estrutura
Os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas avaliarán agora "en profundidade" os danos que poidan existir para adoptar as medidas correctoras necesarias.
O 112 tivo coñecemento da situación arredor das 15:30 horas, a través da chamada dunha persoa particular, que informaba dun afundimento duns 50 centímetros nun dos carrís da ponte. Ata o lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, o servizo de mantemento da vía de circulación, os voluntarios de Protección Civil de Vilanova de Arousa e bombeiros do Salnés.