Publicador de contidos
Publicador de contidos

Celebran a XVIII edición da tradicional Festa da Vendima en Ribadumia

Celebran a XVIII edición da tradicional Festa da Vendima en Ribadumia

Os produtores de Barrantes dixeron que foi unha boa vendima e que este ano quedaron satisfeitos

G24.gal 12/10/2023 16:08

Este xoves en Ribadumia volveron celebrar a festa da fin da vendima onde o viño Barrantes foi o protagonista dunha xornada lúdica e gastronómica.

A asociación de veciños San Andrés de Barrantes organiza esta tradicional Festa da Vendima que xa leva 18 edicións nunha xornada chea de actos en programa.

Comezaron ás 11 da mañá cunha salva de bombas e alborada a cargo do grupo de gaitas Xironsa, de Corvillón. Ás 12:30 do mediodía, na capela de Barrantes, oficiouse a misa en honra de San Miguel, patrón das uvas, e cantada polo Coro O Noso Aire.

Ao termo da cerimonia, tocoulle a quenda á procesión que percorreu as rúas da localidade acompañada do grupo de gaitas. Ao termo do desfile relixioso, serviuse unha degustación de boliños preñados, acompañados de viño tinto de Barrantes.

A mediodía houbo unha comida de confraternidade no centro social de Barrantes con menú a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro, tinto e albariño de Barrantes. O banquete e a sobremesa estarán amenizados polo Dúo Prisma, concluíndo a cita cunha xornada de baile social.

Os produtores de Barrantes dixeron que foi unha boa vendima e que este ano quedaron satisfeitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade