Cargando resultados...
Acto de desagravio na igrexa de Bravos para reparar a profanación do templo
Acto de desagravio na igrexa de Bravos para reparar a profanación do templo
Persoas descoñecidas accederon ao templo e derramaron símbolos relixiosos polo chan
A confraría de Valdeflores promoveu unha peregrinación desde Viveiro
G24.gal
02/07/2022 21:07
Última actualización 02/07/2022 21:22
Un roubo que acabou mal motivou a celebración dun acto de desagravio na igrexa de Bravos, no concello de Ourol. Os ladróns non conseguiron cartos pero fixeron unha desfeita.
O templo acolle en maio a romaría de Fátima, e é costume que os fieis se acheguen camiñando desde Viveiro. Nesta ocasión non houbo peregrinos, pero igualmente se levou a cabo unha reparación da ofensa, convocada pola Confraría de Valdeflores.
O acto de desagravio consistiu nunha eucaristía, que encheu a igrexa, para reparar os danos sufridos.