Celta Fortuna e Arenteiro non atopan o camiño do gol (0-0)
Celta Fortuna e Arenteiro non atopan o camiño do gol (0-0)
Ningún dos dous equipos conseguiu gañar aínda
O Arenteiro tivo mellores ocasións, especialmente na primeira metade
Iano puido resolver no tempo engadido
O Celta Fortuna e o Arenteiro protagonizaron un derbi de máis a menos que rematou sen goles. Os dous equipos chegaban con urxencias, logo de non conseguir gañar nas dúas primeiras xornadas. Os ourensáns, ademais, aínda non acadaran ningún punto.
Na primeira metade estivo mellor o Arenteiro, que gozou das mellores accións. Pero non foi quen de marcar, e tampouco o filial do Celta, que tardou en entrar no partido, e evidenciou que ten problemas para ver porta.
Na segunda metade, o ritmo decaeu de xeito evidente, e ningún dos dous equipos era quen de pisar a área rival con perigo. Así as cousas foise achegando o remate do partido, e so un par de achegamentos tímidos do conxunto vigués conseguiron animar ao público de Balaídos.
No tempo engadido chegou a mellor acción da segunda metade, cun servizo desde a dereita que Iano Simao foi quen de rematar. O balón saíu ben preto da portería viguesa.
Non se moveu o marcador. O Celta Fortuna suma dous puntos, e o Arenteiro estrea o recadro.