Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de peregrinos completan o Camiño coincidindo co día do Apóstolo

Centos de peregrinos completan o Camiño coincidindo co día do Apóstolo

Cheo de peregrinos en Compostela, malia as restricións no Obradoiro polos actos institucionais

Estes días fortes, estanse entregando unha media de 2.000 Compostelas ao día
 

G24.gal 25/07/2024 14:57 Última actualización 25/07/2024 15:10

Chegando, si, en pleno día grande de Compostela, e en moitos casos non por casualidade. Pello e Helene mesmo con trampa. Esta parella de Bilbao saltouse unha etapa para chegar o 25. Outros contan que xa planificaron o Camiño para chegar o 25, un día segundo din, especial.

Demasiado especial quizais, porque unha vez metidos na andaina, lamentan o exceso de xente nestas datas.

Para os que adiantaron a chegada, esta noite pasada houbo premio. É o caso dun grupo de scout de Vélez- Málaga. Fixeron coincidir a chegada co Apóstolo pero onte á noite descubriron con sorpresa os Fogos.

Por tentador que resulte, outros prefiren demorar a chegada, como outro grupo de mozos e mozas dun colexio relixioso de Valencia. Hoxe quedan ás portas de Compostela para evitar o día grande, en consonancia coa austeridade coa que emprenderon o Camiño.

Este venres seguirá o goteo de peregrinos. Estes días fortes, estanse entregando unhas 2.000 Compostelas diarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade