Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de persoas maniféstanse en Lugo a prol da mellora das instalacións da protectora

Centos de persoas maniféstanse en Lugo a prol da mellora das instalacións da protectora

O albergue para os cans arrastra décadas de aglomeracións e de insalubridade

Félix Aragunde 26/01/2024 20:26 Última actualización 26/01/2024 20:43

Centos de persoas congregáronse en Lugo para reclamar a mellora das instalacións da protectora de animais. A manifestación partiu da praza Maior da cidade, cuxo albergue para os cans arrastra décadas de aglomeracións e de insalubridade.

Segundo sinalaron dende a entidade convocadora, a canceira actual ten máis de 40 anos de antigüidade e resulta insuficiente para acoller os animais abandonados. 

"Se as casas de acollida devolvesen todos os cans que teñen, non collerían na protectora. A capacidade está moi limitada, polo que fai falta ampliar e innovar. Poñer instalacións un pouco decentes", expresou Alberto Losada, presidente da Protectora de Animais de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade