Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de rapaces plantan especies autóctonas no Día Internacional dos Bosques

Centos de rapaces plantan especies autóctonas no Día Internacional dos Bosques

O conselleiro do Medio Rural destaca que Galicia conta con 550.000 hectáreas de monte ordenado

G24.gal 22/03/2024 14:52

Medio milleiro de nenos de centros educativos lugueses participaron no Viveiro dos Trollos, en Bóveda, nos actos do Día Internacional dos Bosques. Realizaron unha plantación simbólica de especies de frondosas autóctonas, construíron insectarios e asistiron a unha demostración de maquinaria forestal.

O conselleiro do Medio Rural en funcións explicou que o obxectivo é sensibilizar os máis novos sobre a importancia de protexer o ecosistema. José González destacou que Galicia xa conta con máis de 550.000 hectáreas de monte ordenado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos