Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de toneladas de xacintos de mar chegan ás costas de Galicia

Centos de toneladas de xacintos de mar chegan ás costas de Galicia

É unha das 100 especies invasoras máis perigosas do mundo

G24.gal 20/11/2022 14:41 Última actualización 20/11/2022 15:01

Hai centos de toneladas de xacinto de mar nas praias galegas desde as Cíes a Ribeira, segundo o biólogo de ADEGA Damián Romai, chegaron por mar probablemente desde Portugal e malia a súa beleza en floración son unha das especies invasoras máis perigosas do mundo. Morren en contacto co sal, pero reprodúcense de forma exponencial en auga doce, afogando toda vida ao seu paso.

Este domingo a praia da Lanzada aínda tiña milleiros de exemplares a medio morrer. Son tamén complexos de eliminar porque se os deixamos en calquera sitio pódense reproducir. 

Os ecoloxistas de ADEGA recomendan que se retiren de forma controlada e vixiar o seu avance nos ríos, lagoas e mesmo estanques particulares

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar