Publicador de contidos
Publicador de contidos

CERMI pide acompañar o cambio constitucional con máis políticas de inclusión

CERMI pide acompañar o cambio constitucional con máis políticas de inclusión

O Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade aplaude que o Congreso aprobase o cambio da palabra "diminuído" na Constitución

G24.gal 17/01/2024 08:52

O Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade, CERMI, aplaude o acordo parlamentario que permitirá cambiar a Constitución para eliminar o termo "diminuído" e substituílo pola definición "persoas con discapacidade".

O presidente de CERMI en Galicia, Luciano Fernández, dicía nunha entrevista no programa Galicia por diante da Radio Galega que non se debe definir ás persoas polas súas características persoais: "Nós entendemos que as persoas somos todas iguais, non falamos de altos ou baixos, de gordos ou delgados... Temos que centrarnos nas capacidades das persoas".

Fernández aprecia un avance da sociedade cara a unha maior inclusión de todos os cidadáns, pero considera que aínda hai moitos retos pendentes: "Isto é importante, pero non é a fin. Ten que estar soportado por mellores políticas: mellores políticas en vivenda, unha accesibilidade universal real, unha inclusión social que sexa unha realidade verdadeira. Hai moitos logros aínda que conseguir".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade