Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cervantes presume da posible orixe galega dun escritor universal

Cervantes presume da posible orixe galega dun escritor universal

Varios expertos sitúan a orixe familiar do escritor no pazo de Saavedra, en Cervantes

Defenden, que no Quixote, Cervantes situou a orixe da súa liñaxe xunto aos montes de León

Mural do Quixote elaborado polos alumnos do colexio do concello lugués de Cervantes
G24.gal 22/04/2022 14:36

Os estranxeiros que percorren Galicia dan fe de que Cervantes é o noso escritor máis universal. Pero poucos coñecen a teoría de que a súa orixe pode estar no concello que lle deu apelido: o de Cervantes, nos Ancares lugueses.

Alí está o castelo do antigo Señor de Cervantes, en Doiras, e outras propiedades, como o pazo de Saavedra coa súa capela de San Miguel, que avalan esta teoría. Moitos indicios para afirmar un vínculo do que moitos senten orgullo.

Hoxe no colexio celebran o Día do Libro coincidindo co seu cabodano. A pegada de Cervantes está sempre moi presente nas súas actividades. No capítulo 39 da súa grande obra, o Quixote describe precisamente as terras da súa liñaxe, nas montañas entre León e Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar