Chanquetas ao volante: non están prohibidas, pero hai risco de sanción se a condución non é segura
Chanquetas ao volante: non están prohibidas, pero hai risco de sanción se a condución non é segura
Pode haber sanción económica se non se garante a liberdade de movementos ao volante
É un dos temas recorrentes ao volante cando chega a temporada estival. Conducir con chanquetas está prohibido?
"Non hai ningún artigo no regulamento de circulación que prohiba especificamente o uso de chanquetas e tampouco se fala dun calzado apropiado nin nada semellante", sinala Silvia Vázquez, vicepresidenta da Asociación Provincial de Autoescolas da Coruña.
A Garda Civil lémbrao estes días nas súas redes sociais.
¿Conduces en chanclas?
— Guardia Civil (@guardiacivil) July 8, 2024
No está específicamente prohibido, pero puedes ser sancionado por no ser capaz de mantener la libertad de movimientos...
#NoEsPorLaMulta #ViajeSeguro a la #playa en #Vacaciones2024🌅 pic.twitter.com/CLeBJHcOgh
Non hai prohibición, pero si obriga de garantir a liberdade de movementos na condución. De non facelo, podería haber sanción económica.
"O artigo 17 do regulamento o que di é que o condutor ten que estar en todo momento en condicións de controlar o seu vehículo e o artigo 18, á súa vez, di que o condutor está obrigado a manter a súa propia liberdade de movementos. Entón, é verdade que se un axente nos para, pode entender ou interpretar que vulneramos algún deses artigos, por exemplo, porque con chanquetas pode perderse o control dese vehículo", detalla Silvia Vázquez.
Ao volante hai que garantir en todo momento unha condución segura.