Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega a Compostela o peregrino número 200.000 de 2023

Chega a Compostela o peregrino número 200.000 de 2023

É o segundo ano consecutivo que se logra esta cifra antes do 25 de xullo

G24.gal 12/07/2023 20:03

Este mércores chegou a Santiago de Compostela o peregrino número 200.000, unha cifra que por segundo ano consecutivo se alcanza antes da celebración do Día do Apóstolo, o próximo 25 de xullo.

Segundo os datos que este mércores ofreceu a Fundación Catedral a Turismo de Galicia, neste 2023 hai un incremento do 14 % no número de peregrinos respecto a 2022.

Destaca o incremento de peregrinos internacionais procedentes de Corea, Estados Unidos e Australia.

Estes datos foron analizados este mércores polo novo director de Turismo de Galicia Xosé Merelles e o director da Fundación Catedral Daniel Lorenzo, que se reuniron para coñecer de primeira man o funcionamento da Oficina de Acollida ao Peregrino.

Xosé Merelles destacou a importancia deste recinto, onde día tras día centos de persoas recollen a Compostela que certifica a realización do Camiño para os que completan máis de 100 quilómetros a pé ou máis de 200 en bicicleta ou a cabalo.

A Oficina proporciona servizos de atención, información turística e cultural e é un espazo de encontro para os que completan a peregrinación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade