Descargan na Coruña o cargamento de 18.000 toneladas de millo ucraíno que chegou polo Báltico
Descargan na Coruña o cargamento de 18.000 toneladas de millo ucraíno que chegou polo Báltico
O millo será almacenado e, posteriormente, enviado ás fábricas que elaboran o penso para o gando
No porto da Coruña descárganse este luns as 18.000 toneladas de millo ucraíno que chegaron a bordo do buque Alppila.
Este Supón o primeiro envío de cereal a través dunha nova ruta marítima aberta polo Báltico para sortear o bloqueo ao que a Armada rusa somete os portos ucraínos do Mar Negro desde que comezou a guerra.
O millo será almacenado e posteriormente enviado ás fábricas que elaboran o penso para o gando. Foi transportado primeiro por estrada desde as fronteiras ucraínas con Romanía e Polonia ata o porto polaco de Swinoujscie, onde foi embarcado no cargueiro, que antes de partir cara a augas galegas fixo escala no porto alemán de Brunsbüttel.
O millo é unha das principais materias primas con que se elaboran os pensos que alimentan a cabana gandeira e desde o inicio do conflito, en febreiro de 2022, o sector sufriu serios problemas de desabastecemento.