Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega a porto o mercante que se atopaba encallado en Ribadeo dende o xoves

Chega a porto o mercante que se atopaba encallado en Ribadeo dende o xoves

O buque quedara varado nun banco de area o pasado xoves

G24.gal 16/03/2024 11:37 Última actualización 16/03/2024 20:45

O buque mercante Albiz xa está no porto de Ribadeo tras ser remolcado definitivamente á primeira hora deste sábado, aproveitando a primeira preamar do día.

O barco descargou as 3.500 toneladas de madeira de eucalipto que transportaba cando quedou varado nun banco de area, o xoves pasado.

O encallamento non afectou ao funcionamento do porto. Segundo a Xunta, mantivo a súa operatividade "en condicións de normalidade".

Os feitos

O aviso produciuse ás 10:30 horas do xoves. O práctico de Ribadeo avisou o centro de Fisterra do ocorrido durante as operacións de atracada do barco, unha media hora antes da preamar. Coa chegada da seguinte, ás 19:30 horas, puidéronse iniciar os traballos, pero sen éxito.

O capitán do barco contratou os servizos de dous remolcadores de Sertosa situados no porto de San Cibrao, no municipio de Cervo, para axudarlle nos labores.

O Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra mobilizou tamén técnicos de operacións especiais da Base Estratéxica de Fene e a embarcación Salvamar Alioth para apoio na zona e no seu caso, para a inspección submarina do casco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade