Chega a Vigo o buque inglés que salvou trece mariñeiros galegos hai 24 anos
Chega a Vigo o buque inglés que salvou trece mariñeiros galegos hai 24 anos
O barco recibiu a Medalla de Praza de Galicia pola fazaña
Permanecerá no peirao de transatlánticos ata o mércores
É unha das xoias do Ministerio de Defensa do Reino Unido
Atracou en Vigo este domingo o buque inglés que hai 24 anos salvou trece mariñeiros galegos dun cargueiro que afundiu a unhas 200 millas do cabo portugués de San Vicente Fazaña, pola que recibiu a Medalla de Prata de Galicia.
O RFA Argus permanecerá no peirao vigués de transatlánticos ata o vindeiro mércores. É unha das xoias do Ministerio de Defensa do Reino Unido.
O barco está deseñado para actuar como instalación para a recepción de vítimas. Conta cun centro médico flotante con instalacións cirúrxicas, radioloxía, escáner e mesmo unha UCI.
Chegou de Malta con 250 mariñeiros a bordo. Agora realiza o transporte loxístico.