Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega ao mercado o chícharo Bágoa Atlantic tras 14 anos de investigación no CSIC

Chega ao mercado o chícharo Bágoa Atlantic tras 14 anos de investigación no CSIC

Chámanlle caviar vexetal porque é un gran moi pequeno e en boca produce unha explosión de sabor

O seu prezo pode superar os 300 euros por quilo debido a que hai pouca produción e é difícil de obter

G24.gal 16/07/2024 14:27 Última actualización 16/07/2024 15:24

Bágoa Atlántic é unha variedade única, para os padais máis exquisitos, froito de moito tempo de traballo na Misión Biolóxica de Galicia, no CSIC. 

"Seleccionamos no campo e no laboratorio. Fomos buscando que reunira as cualidades que se lle esixen ao chícharo bágoa. Chámanlle caviar vexetal porque é un grao moi pequeno. Ten forma de bágoa e en boca dá como unha explosión de sabor. É acuoso con certo sabor", conta Antonio de Ron, investigador da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC).

O seu prezo, uns 300 euros por quilo, explícase por varias razóns.

"Está moi cotizado por dúas razóns. A primeira é porque hai pouca produción e os restauradores non teñen moitos provedores que llelo subministren. Ademais é un produto custoso de obter manualmente. Hai que colleitar á man, sacar os graos co moito coidado porque son moi tenros"

A variedade rexistrouse hai un ano, e agora inicia a súa comercialización tras a sinatura dun contrato de licenza de explotación entre o CSIC e a empresa de agricultura ecolóxica El Calabacín Rojo e outro entre o CSIC e Culler de Pau, o restaurante do Grove con dúas estrelas Michelin.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade