Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega un segundo barco con carbón para a central das Pontes

Chega un segundo barco con carbón para a central das Pontes

Trae 80.000 toneladas do mineral

G24.gal 14/11/2021 20:52

Endesa recibiu un segundo buque de carbón para a central térmica das Pontes.

A carga, 80.000 toneladas, chegou hai poucos minutos ao porto exterior de Ferrol no Bahri Trader, un barco con bandeira de Arabia Saudita.

O 28 de outubro outro buque trouxéralle 20.000 toneladas, ás que hai que engadir as 40.000 que xa tiña almacenadas.

Fontes de Endesa indicaron que o complexo está preparado para entrar en servizo cando así se dispoña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade