Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega un terceiro sobre con explosivo, este á base aérea de Torrexón de Ardoz

Chega un terceiro sobre con explosivo, este á base aérea de Torrexón de Ardoz

O sobre sospeitoso ía dirixido ao Centro de Satélites, segundo informaron os Ministerios de Interior e de Defensa

Este mércores chegou o primeiro sobre explosivo á embaixada de Ucraína en Madrid e pola tarde outro a Instalaza, unha empresa de Zaragoza que fabrica armamento

Imaxe da zona onde está Instalaza en Zaragoza, onte á noite. EFE / Toni Galán Imaxe da zona onde está Instalaza en Zaragoza, onte á noite. EFE / Toni Galán
G24.gal 01/12/2022 09:10

Á base aérea de Torrexón de Ardoz, Madrid, chegou esta madrugada un sobre similar aos enviados á Embaixada de Ucraína e á empresa de fabricación de armamento zaragozana Instalaza este mércores. 

Fontes da investigación sinalaron que foi a Unidade Militar da base aérea a que deu aviso ás forzas de seguridade, contra as tres da madrugada, de que recibiran un sobre sospeitoso.

O sobre sospeitoso ía dirixido ao Centro de Satélites, segundo informaron os Ministerios de Interior e de Defensa.

A Policía Nacional xa estaba a avaliar a posible conexión entre a carta enviada á embaixada de Ucraína en Madrid o mércores pola mañá e a recibida onte pola tarde pola empresa de fabricación de armamento zaragozana Instalaza.

A carta enviada á embaixada de Ucraína en Madrid ía dirixida ao embaixador e, ao deflagrar, feriu de carácter leve o membro de seguridade que abrira o sobre.

A empresa de Zaragoza que recibiu o outro sobre con artefacto explosivo, Instalaza, é unha empresa de armamento que emprega máis de 150 persoas en tres factorías situadas en Zaragoza e que exporta a súa produción a máis de 35 países.

A Audiencia Nacional investiga como un delito de terrorismo, polo menos o primeiro caso, e o Ministerio do Interior decidiu reforzar a seguridade e protección da Embaixada de Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade