Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega unha nova edición da Feira do Queixo de San Simón da Costa

Chega unha nova edición da Feira do Queixo de San Simón da Costa

Vilalba acolle o evento na fin de semana coa participación de sete queixerías

Hai programadas actividades gastronómicas e para cativos

G24.gal 04/04/2024 20:13 Última actualización 04/04/2024 20:33

De arredor dun quilo, con forma de tetiña, con leite de vacas chairegas, cunha curación mínima de 45 días e afumado con leña de bidueiro. Así é o queixo estándar de San Simón da Costa.

Un produto de orixe celta que hai cincuenta anos serviu para que as parroquias de San Simón e Lanzós puidesen ter rede eléctrica ao se crearen as primeiras queixerías. Esta fin de semana vanlle render unha nova homenaxe na tradicional feira.

O pasado ano vendéronse 610.000 unidades deste queixo, que supuxeron unha facturación de máis de cinco millóns de euros e que se elaboraron con leite recollido en 74 ganderías.

Malia estas boas cifras, as queixerías tiveron que afrontar unha suba dos custos de produción, especialmente da materia prima. Aínda así, poderíase vender máis se se dese producido. A versatilidade é unha clave do éxito. 

Nesta edición, os cativos van ter un protagonismo especial con actividades dirixidas a eles, como un taller de elaboración de queixos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar