Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan a España os evacuados de Níxer

Chegan a España os evacuados de Níxer

Son 16 españois e 4 familiares nixerinos

O avión do Exército do Aire repatriou outros 54 cidadáns de varias nacionalidades

Antón Montero 04/08/2023 20:21 Última actualización 04/08/2023 20:39

Conclúe a repatriación dos españois que permanecían atrapados en Níxer desde o golpe de estado da semana pasada.

Un avión do exército do Aire aterrou esta tarde na base militar de Torrexón de Ardoz con 16 españois e 4 familiares nixerinos. No voo, tamén viaxaron outras 54 persoas doutras nacionalidades.

Os 16 españois repatriados súmanse aos 31 chegados nos últimos días en voos fretados polas autoridades francesas e alemás.

A embaixada española en Níxer permanecerá aberta para prestar asistencia aos españois que decidiron quedar no país, sumido desde hai unha semana nun golpe de Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade