Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan a Galicia os corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia

As familias levaban case un mes agardando pola repatriación dos cadáveres

G24.gal 19/08/2024 17:28 Última actualización 19/08/2024 21:54

Os cadáveres dos mariñeiros galegos César Acevedo, Santiago Leyenda e Antonio Barreiro, recuperados tras o naufraxio do pesqueiro Argos Georgia, ocorrido o pasado 23 de xullo ao oeste das Malvinas, chegaron na tarde deste luns ao aeroporto coruñés de Alvedro, nun voo procedente de Reino Unido.

Os corpos dos tripulantes galegos (de Vigo, Baiona e Noia, respectivamente) foron recibidos na terminal coruñesa polos seus familiares, así como polo delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, case un mes despois de que o pesqueiro afundise a unhas 200 millas ao oeste de Malvinas.

As autoridades e familiares accederon á terminal coruñesa por unha zona restrinxida próxima ao edificio principal de Alvedro.

Os cadáveres serán trasladados a vehículos fúnebres na propia pista, unha vez cumprimentados os trámites documentais que se requiren nestes casos, tras o que sairán do aeroporto con destino ás súas respectivas localidades.

Algúns familiares criticaron a "desesperación" que lles supuxo esperar case un mes pola repatriación do cadáver.

"Foi demasiado longo, case un mes no que vas contando día a día, esperando a ver se ao seguinte vas ter noticia de que xa o repatrian, pero ese día nunca chegaba".

O pesqueiro afundiu nas Malvinas o pasado 22 de xullo. Catorce persoas lograron sobrevivir, entre eles seis españois. Nove tripulantes morreron, tres deles galegos, e outros catro non apareceron, entre os que se atopa o galego Juan Antonio García Rey, Pichón, cambio de máquinas, de Ribeira (A Coruña).

Os sobreviventes españois foron repatriados o 28 de xullo, menos dunha semana despois do naufraxio, pero os corpos das vítimas mortais non puideron ser trasladados no avión militar fretado polo Goberno de España debido aos protocolos esixidos polas autoridades británicas.

Así, os corpos dos nove falecidos no afundimento do palangreiro foron trasladados a Gran Bretaña e aterraron o 31 de xullo en Brize Norton, no condado de Oxfordshire, para sometelos aos exames forenses que confirmaron que entre eles estaba o tripulante de Noia Antonio Barreiro, quen inicialmente figuraba como desaparecido.

O Goberno tratou de axilizar a burocracia para traer a Galicia a Antonio Barreiro, Santiago Leyenda e César Acevedo, aínda que o traslado correspondeu á armadora e xa se asumía que polo menos ía demorar unhas dúas semanas.

A bordo do buque había 27 tripulantes, entre eles 10 españois (dous deles observadores científicos).

Dos corpos recuperados, tres pertencen aos mariñeiros galegos que chegaron este luns ao aeroporto da Coruña, mentres que outro tripulante galego, Juan Antonio García Rey, de Ribeira, permanece desaparecido.

Os cadáveres foron trasladados a vehículos fúnebres na propia pista, unha vez cumprimentados os trámites documentais que se requiren nestes casos, e saíron do aeroporto con destino ás súas respectivas localidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade