Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan aos mercados os chícharos novos e escasea o cebolo para plantar

Chegan aos mercados os chícharos novos e escasea o cebolo para plantar

Os chícharos de colleita local andan polos seis euros e os de Almería sobre cinco 

O cebolo véndese a 10-12 euros o cento, case o doble do prezo doutros anos

As intensas chuvias do inverno estragaron as plantacións e minguaron a colleita

 

G24.gal 28/03/2023 14:25 Última actualización 28/03/2023 15:42

Nos mercados de abastos tamén se empeza a notar o cambio de temporada. Aínda hai oferta de verduras de inverno, coma os grelos, pero xa se empezan a ver as primeiras novidades de primavera, como as ceboletas ou os chícharos. Veñen tanto das hortas locais coma de zonas de produción máis afastadas. Os prezos, de 6 a 6,5 euros os do país e a partir de 5 os de Almería, aproveitan o tirón do primeiro antollo. 

Pero a oferta que domina é a de planta nova, sobre todo de cebolo e repolo, porque é tempo de empezar a poñer as hortas caseiras a producir. Pero parece que os prezos do cebolo e outras variables fan que os compradores non se apuren. O cento de plantas de cebola custa entre dez e doce euros, un prezo que case duplica o doutros anos. A razón desta suba insólita esta na escaseza de oferta provocada polas chuvias deste inverno que estragaron a boa parte da produción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos