Cargando resultados...
A neve convértese nun dos grandes reclamos turísticos destas festas
A neve convértese nun dos grandes reclamos turísticos destas festas
Moita xente escolleu Pedrafita do Cebreiro para pasar a Semana Santa
G24.gal
30/03/2024 14:25
Última actualización 30/03/2024 17:30
Os coches que pasaron a noite no concello de Pedrafita do Cebreiro amenceron con trinta centímetros de neve. A paisaxe branca converteuse nun dos grandes reclamos turísticos desta Semana Santa de temporal.
A xente quere aproveitar as acumulacións das últimas folerpadas para tirarse en zorra ou facer un boneco de neve. Na aldea mestúranse turistas e camiñantes, de peregrinaxe a Santiago, nuns días excepcionais para o comercio e a hostalería.