Publicador de contidos
Publicador de contidos

Choca na AP-9 e foxe, deixando o coche no medio da estrada

Choca na AP-9 e foxe, deixando o coche no medio da estrada

Descoñécese o estado do condutor, pero non houbo máis implicados

G24.gal 18/08/2023 21:34

Un coche accidentouse á altura da Barcala na AP-9, dirección saída da cidade. O vehículo chocou co muro e ficou danado na vía esquerda. Por iso, o resultado foi un tráfico lento na zona.

O accidente tivo lugar sobre as 20:15 horas, pero a sorpresa dos axentes ao chegar foi que non atoparon ninguén. O coche atopábase baleiro e abandonado no medio da autoestrada.

A Garda Civil investiga quen conducía o coche e por que fuxiu do lugar. O abandono do vehículo accidentado pode supoñer un delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade