Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chuvia, emotividade e esperanza na cerimonia dos Princesa de Asturias

Chuvia, emotividade e esperanza na cerimonia dos Princesa de Asturias

A princesa Leonor deu o seu derradeiro discurso antes de que o 31 de outubro faga 18 anos e xure a Constitución

O ano vindeiro os reis volverán acompañar a princesa en Oviedo

G24.gal 20/10/2023 21:42 Última actualización 20/10/2023 21:57

Con chuvia, emotiva e con esperanza, Así foi a cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias en Oviedo. Era a quinta vez que a princesa Leonor daba alí o seu discurso, e declarouse moi consciente das súas responsabilidades. O rei, pola súa banda, apelou á paz e á unidade.

Pero ao principio, á entrada, había gaitas. Gaitas e mans. Mans para saudar e para comprobar se chove ou non chove outra vez. E tocaba entrar ao Teatro Campoamor. Outro outono máis, e van 43. E a media tarde arrancou unha cerimonia para ver desfilar as ideas da ciencia, da cultura, do medio ambiente. 

"O importante é escoitar", resumía Meryl Streep, premio Princesa de Asturias das Artes. E cada discurso foi deixando pingas de esperanza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade