Barrios galegos contactan para buscar solución aos seus problemas co ocio nocturno
Barrios galegos contactan para buscar solución aos seus problemas co ocio nocturno
Veciños de barrios con problemas co ocio nocturno poñen en común os seus problemas
En Santiago, os veciños de San Lourenzo están fartos de non durmir
Os veciños do barrio do Orzán contactaron con asociacións con problemas similares
O barrio compostelán de San Lourenzo ten dúas caras. A tranquila desta mañá... e a outra. Unha veciña explica os problemas que teñen pola noite: ruído, berros, sucidade... E esta fin de semana, a maiores, un incendio que obrigou ao desaloxo da sala desta rúa, sen danos graves.
Así, a Asociación Veciñal Río Sarela está tentando canalizar o descontento que puxeron en común nas últimas reunións. O presidente da asociación veciñal Río Sarela di que non poden durmir e que viven nun ambiente hostil.
Uns problemas co ocio nocturno que sofren tamén os veciños do barrio do Orzán da Coruña dende hai anos. Eles son os que andan a mobilizar outras asociacións para tomar medidas conxuntas e facer máis forza, reclamando un marco legal específico. Outra das asociacións contactadas para coordinarse a nivel supramunicipal é a dos residentes na zona vella de Ourense.