Cinco dos radares que máis multan en España están en estradas galegas
Cinco dos radares que máis multan en España están en estradas galegas
O primeiro no ránking está na A-55 no Porriño, situado no posto sete e con máis de 40.000 sancións o pasado ano
Máis de 20.000 multas ao ano converten o radar de tramo do alto do Fiouco, en Mondoñedo, nun dos máis sancionadores de España, ademais do segundo de Galicia.
É un dos catro controis fixos de velocidade que atopan os condutores que percorren os apenas 80 quilómetros que ten o treito galego da autovía do Cantábrico.
Malia que algunhas persoas o ven excesivo, outras valoran positivamente a proliferación de radares.
Pero algúns tamén cren que pode haber outros motivos máis aló da seguridade. En Galicia temos cinco dos vinte radares que máis multan en España.
O primeiro no ránking está na A-55 no Porriño, situado no posto sete e con máis de 40.000 sancións o pasado ano.