Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin de semana tráxica nas estradas galegas: cinco persoas faleceron en accidentes

Fin de semana tráxica nas estradas galegas: cinco persoas faleceron en accidentes

 Este domingo un pai e a súa filla, de 95 e 68 anos, faleceron en Lugo nunha colisión frontal entre dous coches. Outras sete persoas, entre elas un bebé, quedaron feridas

Tamén falecía unha motorista en Laza e o sábado era un mozo o que perdía a vida en Ramirás.  A vítima mortal do venres era outro motorista que tamén perdeu o control do seu vehículo en Oleiros

Lugar do accidente mortal en Lugo coa Policía Local / Imaxe cedida El Progreso
G24.gal 27/08/2023 21:42 Última actualización 27/08/2023 22:07

Os dous vehículos implicados no choque frontal na avenida das Mariñas de Lugo quedaron esnaquizados. No accidente dúas persoas morreron e outras sete quedaron feridas. As vítimas son un home de 95 anos e a súa filla de 68, que faleceron horas despois do accidente no hospital de Lugo.  Viaxaban con tres persoas máis no turismo que invadiu o carril contrario e bateu de fronte con outro coche, cun bebé e outros tres ocupantes.

Sucedeu arredor das doce da noite do sábado e como consecuencia do impacto as nove persoas tiveron que ser trasladadas ao Hula.

Durante a fin de semana cinco persoas  faleceron nas estradas do país.

En Ourense morreu este domingo unha muller tras caer da moto que conducía en Laza. O helicóptero medicalizado trasladouna a un centro médico pero nada se puido facer por ela. En Ramirás morreu un un mozo de 28 anos o sábado, tras írselle da vía o vehículo que conducía, e en Oleiros faleceu un home nun accidente na avenida das Mariñas, á altura de Perillo, o venres.

Accidente de Ramirás onde morreu un mozo o sábado Accidente de Ramirás onde morreu un mozo o sábado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade