Publicador de contidos
Publicador de contidos

Circula en dirección contraria pola N-VI máis de 200 metros

Circula en dirección contraria pola N-VI máis de 200 metros

A Garda Civil investiga as causas, pero todo apunta a un descoido do condutor

Veciños e condutores denuncian o caos circulatoria que hai na zona desde hai anos

G24.gal 20/06/2023 14:37

Veciños da parroquia oleirense de Iñás levan anos aturando as obras da N-VI que, segundo din, se converteron para todos nunha dor de cabeza.

"Hai moitos atascos e as obras e desvíos non están ben sinalizados", comentan os veciños.

Como consecuencia de todo isto, este luns, un condutor, posiblemente despistado, meteuse á Nacional VI en dirección contraria. Axiña se decatou do erro, pero non puido corrixilo ata 200 metros máis adiante, porque os carrís están separados por unha mediana.

E no medio de todo este caos circulatorio, chega outro cambio para os condutores. Este mércores e xoves a vía Ártabra vaise cortar na contorna de Iñás por mor das obras do enlace coa N-VI.

Está previsto que eses traballos estean rematados o 14 de xullo. Porén, veciños e condutores non ven o día en que as máquinas e mais os obreiros desaparezan da Nacional Sexta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade