Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cirilo, tío de Ana Sandamil: "A miña irmá chamoume e díxome: 'Matou a Desirée'"

Cirilo, tío de Ana Sandamil: "A miña irmá chamoume e díxome: 'Matou a Desirée'"

O tío relatou que por detrás escoitou a Ana corrixíndoa: "Eu non fixen nada"

G24.gal 08/02/2022 11:23

Cirilo, tío de Ana Sandamil, a muller acusada do asasinato da súa filla, Desirée, de 7 anos, declarou este martes na segunda sesión do xuízo que acolle a Audiencia Provincial de Lugo que o 3 de maio de 2019 recibiu unha chamada de María, nai da procesada, e que ela lle dixo: "Matou a Desirée".

O tío relatou que por detrás escoitou a Ana corrixíndoa: "Eu non fixen nada". Cirilo, como outras testemuñas, manifestou que notaba cambios en Ana, unha muller "moi tranquila", que "quería moito" a Desi, e que de súpeto sentiu teimas persecutorias e preocupación porque se notaba perseguida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade