Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cita con éxito en Chantada cos mellores viños da Ribeira Sacra na fin de semana

Cita con éxito en Chantada cos mellores viños da Ribeira Sacra na fin de semana

A subzona de Chantada sumouse hai 40 anos á moda das feiras vitivinícolas para dar a coñecer as excelencias dos seus produtos

Éxito de afluencia de visitantes á 40 edición da feira do Viño de Chantada Éxito de afluencia de visitantes á 40 edición da feira do Viño de Chantada
G24.gal 12/03/2023 15:30

Esta fin de semana unha das citas festivas estivo na feira do viño de Chantada, o mellor lugar onde gozar dos viños incluídos na denominación de orixe Ribeira Sacra. Ademais están de aniversario, nada menos que 40 anos.

Trátase do primeiro certame deste tipo que inaugura a tempada na zona. E iso estase a notar na afluencia de público. Son moitos os que tanto onte coma este domingo, pasaron polas casetas, nunha edición na que xa non hai ningún tipo de restrición.

E as catas que se realizaron no certame terán os seus resultados nas adegas gañadoras na cata popular e na cata oficial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar