Publicador de contidos
Publicador de contidos

Citan a declarar o exmozo de Déborah Fernández por vez primeira en 20 anos

Citan a declarar o exmozo de Déborah Fernández por vez primeira en 20 anos

A cita xudicial será o 21 de febreiro 

A familia agardaba que a Audiencia Provincial atendese o seu recurso 

G24.gal 11/02/2022 20:42

Optimismo previo na familia

Antes de coñecer a noticia, pola mañá, avogado e familia de Déborah Fernández mostrábanse optimistas respecto ao posible xiro na investigación do caso, antes de que prescribise en abril.

"Nós o que pedimos é que se investigue. O certo é que o xulgado e a fiscalía están actuando agora con maior contundencia do que pensabamos e si que cremos que pode haber avances. Somos optimistas"a seguraba o avogado da familia, Ramón Pérez Amoedo.

Ás portas do xulgado de Tui a irmá de Déborah tamén se mostraba esperanzada ca decisión da Audiencia Provincial ao seu recurso no que pedían esta citación por consideralo o principal sospeitoso baseándose nos informes policiais de 2019.

"Non pode pasar que a morte dunha moza pase sen pena nin gloria e non poidamos encarcerar ou escoitar as declaracións do principal sospeitoso. Espero que nas próximas semanas teremos información que espero sexa importante para todos nós" dicía Rosa Fernández.

Non houbo que agardar semanas. A primeiras horas da tarde chegaba a noticia da primeira citación en 20 anos da exparella de Déborah. Será o 21 de febreiro. Ese día cumpriráse a arela familiar dos últimos vinte anos.

"Eu fáloche dos meus desexos: eu agardo velo desfilar polo xulgado" declaraba Rosa.

Novas declaracións de testemuñas

Este venres declararon seis testemuñas que tiveron supostamente relación con Déborah nas últimas 24 horas antes de desaparecer. Algúns xa declararan pero había contradicións e outros eran novos na investigación.

Aínda quedan pendentes os informes do ADN encontrado no cadáver cando o exhumaron e o da empresa tecnolóxica sobre o seu ordenador, pero agardan que o 21 de febreiro xurdan novos datos na investigación dun crime en que nunca houbo detidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade