Citroën pide aos donos de dous modelos que non os usen mentres non se revisan
Citroën pide aos donos de dous modelos que non os usen mentres non se revisan
Son os C3 e DS3 fabricados entre 2009 e 2019
Algúns usuarios quéixanse de que levan máis dun mes co coche parado sen que os chamen para a revisión
Un problema detectado nos airbag levou o grupo Stellantis a advertir os propietarios dos Citroën C3 e DS3 fabricados entre 2009 e 2019 de que non usaran os seus vehículos mentres non foran revisados.
Entre os 66.000 afectados en toda España está unha veciña de Ourense que, segundo denuncia, leva máis de mes e medio agardando por un coche de substitución que lle permita continuar coa súa vida.
Foi a finais de maio cando Loli recibiu unha carta advertíndolle que deixara de conducir o seu coche de xeito inmediato e se puxera en contacto coa compañía para reemprazar os airbag.
Segundo o grupo Stellantis, detectaran unha deterioración neste sistema de seguridade nos Citroën C3 e DS3 fabricados entre 2009 e 2019, o que pode supor un grave risco para os usuarios.
Citroën comprometeuse a buscar solucións alternativas de mobilidade, pero Loli, que precisa o coche a diario para facerse cargo dos seus netos, segue agardando.
Comunicáronlle hai unha semana que estaba en lista preferente para un coche de substitución.
Dende o grupo Stellantes falan dun caso puntual que tentaran solucionar, din, o antes posible. Lembran que puxeron en marcha un equipo específico para abordar o problema dos airbag que afecta a 66.000 coches en toda España.