Aparecen raiados dúas ducias de coches no porto de Castiñeiras, en Ribeira
Aparecen raiados dúas ducias de coches no porto de Castiñeiras, en Ribeira
Varios afectados denunciaron o caso na Policía Nacional
Unha cámara podería achegar algunha pista do autor
A praia e o porto de Castiñeiras está acabado de poñer a primeira hora da mañá, pero pola tarde a zona é un fervedoiro. Turismo, vacacións, calor... O areal énchese de bañistas e o porto de coches. Ao rematar a xornada moitos atopáronse cunha desagradable sorpresa.
"Estacionaron no porto e nunha hora apareceron vinte e pico coches raiados. O que non tiña o capó tiña a porta. Eran veciños e turistas. Foi desde as 18.30 ata as 20:00 horas", di unha veciña.
Ninguén en Castiñeiras viu nada sospeitoso. Varios dos afectados puxeron denuncias na Policía Nacional, que se desprazou o lugar para observar os danos e coller datos. Na zona das casetas dos mariñeiros hai unha cámara na depuradora que podería achegar algunha pista.
"Chamaron a policía pero non se sabe quen foi. A ver se aparece algunha imaxe na cámara do porto", comenta unha veciña.
Na vila non se explican o sucedido. Nunca pasou nada semellante e os coches sempre se deixaron nesta zona. Iso si, é unha zona portuaria onde non se pode estacionar, pero no verán sempre se ocupa tendo coidado de non molestar.